Candieira

Mariscadoras e mulleres emprendedoras do Golfo Ártabro Norte e da Costa Sostible aprenden como se elabora unha conserva

Ataviadas cunha rede para o cabelo, bata protectora e cobertores plásticos nos pés, mulleres mariscadoras e emprendedoras participantes do proxecto Embarca, de Candieira, asistiron a unha clase práctica no CIFP Coroso. As asistentes puideron observar de primeira man como se elabora e transforma un produto do mar, neste caso o berberecho, ata acabar nunha lata.

O pasado 14 de maio un grupo de mariscadoras e mulleres emprendedoras dos concellos pertencentes aos GALP Golfo Ártabro Norte e Costa Sostible asistiron a un taller práctico no CIFP Coroso onde puideron observar e poñer en práctica dúas recetas e despois elaborar unha conserva con elas. Profesoras do centro, onde se imparte un ciclo medio de elaboración de produtos alimentarios guiaron e acompañaron ás participantes na elaboración dunha conserva de fabas con berberechos e alga kombu, dunha banda, e doutra, unha sinxela e saborosa lata de berberechos ao natural.

Ademais da lección práctica, as profesoras do centro dotaron ás alumnas de varios documentos teóricos que se poden descargar nos seguintes enlaces:

Curso conservas de moluscos: Materias primas, cocción e deshidratación, controis de rendemento, o control dos cloruros (sall), enchido do envase, lexislación para os controis de pesos, tipos de envases, o peche, a esteralización e as análises fisicoquímicas e microbiolóxicas mínimas aplicadas a conservas de moluscos, controis de incubación, de cloruros e introdución ao etiquetado.

Elaboración de berberechos ao natural:  Elaborar conservas a base de moluscos con líquido de cobertura, pretratamento dos moluscos, a importancia e papel de ingredientes e coadxuvantes na elaboración deste tipo de produtos, etapas tecnolóxicas na elaboración das conservas de produtos da pesca, controis de calidade asociados á elaboración de conservas de molusco.

Elaboración de conserva de fabas con berberechos e alga kombu