Candieira

"Saberes e sabores" na Casa do Pescador de Miño: taller para emprender en transformación do produto do mar

O GALP Golfo Ártabro Norte organiza, dentro da Rede de apoio e promoción ás mulleres do mar Candieira, unha sesión de "Saberes e sabores" para este luns 23 de abril na Casa do Pescador, en Miño.

Este luns 23 de abril chegará á zona do GALP Golfo Ártabro Norte o programa formativo Embarca, dirixido especialmente a mulleres do mar pero tamén ás persoas que queiran emprender algunha actividade empresarial relacionada co medio mariño. En concreto, a sesión de "Saberes e sabores", achegará ás participantes coñecementos básicos para emprender nalgún proxecto de cociña local ou de transformación do produto do mar. Así mesmo, as asistentes intercambiarán as súas propias experiencias e contarán coa visita de mulleres emprendedoras que xa iniciaron algún proxecto neste campo.

A sesión de "Saberes e sabores" terá lugar o luns 23 de abril en Miño, na Casa do Pescador, que é sede do GALP Golfo Ártabro Norte. O horario é de 17:30 a 19:30 e a inscrición é aberta e de balde. Posteriormente, haberá máis sesións para continuar coa formación. Para máis información, o teléfono do GALP é o 981 78 44 17.