Candieira

Retomamos Candieira!

A partir do luns 9 de abril retomamos os encontros de Candieira en todos os GALP. As primeiras reunión serán en Vilagarcía e Poio.
 
 

A primeira reunión, dentro do programa EMBARCA de turismo mariñeiro que se está a levar no GALP Ría de Arousa, será este luns día 9 de abril entre as 17 e as 19 horas no recinto feiral de Fexdega (Vilagarcía). Nela programaranse as próximas visitas técnicas a Guimatur e ao Instituto Galego de Formacion en Acuicultura (Igafa), describirase o proceso de homologación da formación de Candieira e traballaranse contidos de turismo mariñeiro.

O segundo encontro será o mércores 11 de abril entre as 16:30 e as 19:00 na Lonxa de Campelo (Poio). Tamén se falará das visitas técnicas, da homologación da formación e dos aspectos xurídicos, laborais (seguridade social, etc) e económicos á hora desenvolver unha actividade de turismo mariñeiro.

Os dous encontros son abertos a todas as persoas que queiran asistir.