CANDIEIRA

Aberta a inscrición nos programas formativos e de asesoramento dirixidos a mulleres do mar que queiran emprender ou asociarse: EMBARCA e ALIADAS

O proxecto Candieira pón en marcha un dobre programa para mulleres do mar e emprendedoras que queiran iniciar proxectos empresariais ou asociativos: EMBARCA, programa de formación e asesoramento, e ALIADAS, programa de intercambio de coñecemento e impulso do asociacionismo.


Consulta as datas e inscríbete aquí

Tras a celebración dos talleres de ideas en diversas vilas do litoral galego, dentro dos territorios dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (Golfo Ártabro Sur, Costa da Morte, Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo-A Guarda), toca agora poñer en marcha as iniciativas que queiran desenvolver aquelas participantes interesadas en emprender ou asociarse a través de programas de formación que se desenvolverán en paralelo en cada zona.


O obxectivo deste programa dobre, que se estenderá ata maio, é, por unha banda, acompañar e apoiar proxectos emprendedores (programa EMBARCA) e, por outra, dinamizar o asociacionismo entre as mulleres do mar (programa ALIADAS). Ámbolos dous buscan reforzar e mellorar a capacitación en cuestións de emprendemento e noutros ámbitos: o organizativo, o laboral e o persoal, sempre en clave de promover a igualdade.

 

Facer as ideas reais: programa EMBARCA

Candieira dará apoio, formación e asesoramento ás inscritas no programa que queiran poñer en marcha un proxecto empresarial, de xeito que elas mesmas poderán probar os seus produtos ou servizos, a forma de promocionalos, a súa acollida no mercado, etc. Ademais, durante os meses que dure o programa haberá intercambios cos proxectos que estean desenvolvéndose nos outros territorios dos GALP que forman parte de Candieira.

Adquirir as competencias necesarias a través da posta en marcha dun prototipo ou maqueta do proxecto que se queira emprender é a meta final de EMBARCA. Trátase de recrear produtos ou servizos, e probar se son viables sen incorrer sen grandes investimentos. Aprender a través da experiencia e adquirir habilidades comunicativas para compartilo coa comunidade é a filosofía que acompañará estas sesións formativas.

 

EMBARCA Ría de Vigo-A Guarda Primeira sesión: 27 de outubro de 10:00 a 13:00 Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra (Arcade) GALP Ría de Vigo-A Guarda Queres asistir?
EMBARCA Ártabro Norte Segunda sesión: 9 de novembro de 17:00 a 20:30 Casa do pescador
Rúa do Curro, 33 (Miño)
GALP Golfo Ártabro Norte Queres asistir?
EMBARCA Costa Sostible Primeira sesión: 3 de novembro de 10:00 a 13:00 Fábrica de Sel
Avenida de Bos Aires, 2 (Muros)
GALP Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia: Costa Sostible Queres asistir?
EMBARCA Costa da Morte 6 de novembro de 17:00 a 19:00 Centro Comarcal de Buño (Lg. A Camposa, s/n Buño) GALP Costa da Morte Queres asistir?
EMBARCA Ría de Pontevedra Primeira sesión: 7 de novembro de 16:00 a 17:30 Centro Cultural Xaime Illa Couto
Rúa Igrexa, 21 (Raxó)
GALP Ría de Pontevedra Queres asistir?
EMBARCA Ría de Arousa Primeira sesión: 7 de novembro de 18:00 a 20:00 Recinto Feiral Fexdega
Avda. Rodríguez de Mendoza s/n
(Vilagarcía de Arousa)
GALP Ría de Arousa Queres asistir?

 

ALIADAS: Todas aprendemos e todas ensinamos

ALIADAS é un programa destinado a aquelas mulleres do mar interesadas en impulsar unha iniciativa de corte asociativo. As propostas formativas en asociacionismo concrétanse de xeito diferente en cada zona, se ben o obxectivo xeral é que as participantes aprendan a crear e a fortalecer os lazos asociativos. Ao longo das sesións traballarán habilidades sociais e comunicativas e estudarán cales son as mellores ferramentas para levar adiante o seu propio programa formativo e mesmo probalo na práctica.

ALIADAS contempla formación en igualdade, xestión de reunións, relacións en rede e cooperación, habilidades de comunicación persoal, dinámicas de participación e desenvolvemento e financiamento de proxectos, entre outras temáticas a tratar.

 

ALIADAS Ártabro Norte Primeira sesión: 31 de outubro de 16:30 a 20:30

Casa do pescador
Rúa do Curro, 33  (Miño)

GALP Golfo Ártabro Norte Queres asistir?
ALIADAS Costa Sostible Primeira sesión: 3 de novembro de 17:00 a 20:00

Fábrica de Sel Muros.
Avenida de Bos Aires, 2 (Muros)

GALP Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia: Costa Sostible Queres asistir?
ALIADAS Ría de Pontevedra Primeira sesión: 7 de novembro de 17:30 a 20:30 Centro Cultural Xaime Illa Couto
Rúa Igrexa, 21, Raxó
GALP Ría de Pontevedra Queres asistir?
ALIADAS Ría de Arousa Primeira Sesión9 de novembro de 17:00 a 20:00 Recinto Feiral Fexdega
Avda. Rodríguez de Mendoza s/n (Vilagarcía de Arousa)
GALP Ría de Arousa Queres asistir?