Experiencias inspiradoras

Radar de iniciativas innovadoras, tanto empresariais como asociativas, que nos serven de inspiración e que son un referente para Candieira. Foron presentadas nos talleres de xeración de ideas polas mulleres emprendedoras que as puxeron en marcha.

Rosa Lafuente

Conservera Gallega é unha empresa centenaria cunha longa experiencia na elaboración de conservas de calidade situada en Vilanova de Arousa. A coidada presentación da liña Rosa Lafuente, cun envoltorio "vintage" pón en valor o produto, cun proceso de elaboración natural que coida a tradición.