Experiencias inspiradoras

Radar de iniciativas innovadoras, tanto empresariais como asociativas, que nos serven de inspiración e que son un referente para Candieira. Foron presentadas nos talleres de xeración de ideas polas mulleres emprendedoras que as puxeron en marcha.

Stoupa

Unha interiorista e un arquitecto de Cee, Begoña e a súa parella, reformaron un baixo para montar STOUPA na mesma vila onde naceron. Stoupa é unha tenda física e en liña onde ofrecer artesanía e produtos autóctonos, unha galería de arte e un lugar onde ofrecer servizos turísticos “100% Costa da Morte”