Embarca

Turismo mariñeiro na ría de Pontevedra

Queremos poñer en valor o marisqueo na zona da ría de Pontevedra e elaborar unha visita guiada que vaia desde os principais bancos marisqueiros da zona ata o final do proceso.

Primeiro ensaio de turismo mariñeiro en Reiboa

Canto o desfrutamos! Non nos deu tempo a chegar á lonxa de Campelo pero aprendemos moito da nosa primeira experiencia de turismo mariñeiro en Reiboa. Quedamos na Seca para darlle a benvida ao grupo de visitantes e situalos no mapa: Marín, a illa de Tambo, Combarro e as zonas da ría nas que adoitamos traballar.

Comezamos o test coa marea máis alta do que é habitual cando imos mariscar, pero non foi impedimento para explicar o noso oficio: a vestimenta, o uso dos aparellos, os... ler máis

O oficio de mariscar

Aínda que hoxe quedamos para darlle un empurrón á 'Guía de coidados da saúde para o benestar das mariscadoras' gardamos uns minutos para o noso proxecto de turismo mariñeiro. En poucos días imos probar na ría de Pontevedra a ruta guiada que deseñamos entre as mariscadoras das confrarías de Raxó, San Telmo e Lourizán, máis da Asociación Mulleres Mar de Poio.

Só nos queda acabar de definir o paseo polo lugar da Seca, en Reiboa e o deseño do folleto divulgativo que nos vai... ler máis

Aprendendo a buscar unha "marca"

Poñer en valor o noso oficio, amosalo a visitantes e educar á mocidade son algunhas das motivacións que nos levan a impulsar a Asociación de Mulleres do Mar de Poio e pensar de que maneira podemos ofrecer este servizo de turismo sostible.

Na última sesión de Embarca, en Raxó, tivemos unha pequena lección de comunicación e de marketing con exercicios para estimular a creatividade. Fixemos prácticas de como "vendernos" e como crear unha marca que leve a nosa identidade. 

Mariscadoras e guías

Ás mariscadoras da Confraría de Raxó gustaríanos emprender unha iniciativa de turismo mariñeiro e acompañar como guías ás persoas interesadas en saber como é o noso oficio. Coas sesións de Embarca queremos aprender a elaborar esta ruta e tamén como podemos divulgala mellor, cales son as claves para facelo ben. Temos algunhas ideas porque hai tempo que temos na cabeza esta iniciativa, agora trátase de concretalas e ver cales son as máis idóneas para levalas adiante.