Embarca

Deseñando actividades de turismo mariñeiro en Arousa

Estamos a definir que tipo de actividades de turismo mariñeiro e de aventura se poderían ofrecer no territorio do GALP Ría de Arousa, e tamén concretando os públicos potenciais aos que teríamos que dirixirnos

 

 

Primeiras visitas de turismo mariñeiro: Amegrove, Vilanova e Amarcarril

Non foi máis ca un ensaio pero pagou a pena. Para as bateeiras do Grove e as mariscadoras de Vilanova foi o primeiro contacto co turismo mariñeiro no papel de guías. Estreámonos algo nerviosas, pero tamén satisfeitas co resultado. As mariscadoras de Amarcarril xa son todas unhas expertas, así que foron as encargadas de pechar a xornada cunha demostración das visitas que celebran a miúdo nos bancos de cultivo de Carril.

En Amegrove percorremos as instalacións da cooperativa,... ler máis

A ría de Arousa en catro itinerarios de turismo mariñeiro

O noso proxecto de turismo mariñeiro comeza a coller forma. Guiadas pola experiencia das mariscadoras de Carril e polo exemplo doutras iniciativas veteranas que coñecemos ao abeiro de Candieira xa temos case a punto o mapa que guiará as nosas visitas pola ría de Arousa.


Temos tantos recursos e gozamos dunha variedade tan ampla de oficios relacionados co sector extractivo que decidimos deseñar distintas propostas para cada unha das actividadese das zonas de traballo: a... ler máis

Aprendemos a contar o noso oficio

Somos mariscadoras, percebeiras e bateeiras dispostas a compartir o noso oficio con quen queira coñecelo de preto. Hoxe xuntámonos colegas das confrarías de Aguiño, Rianxo e Vilanova de Arousa para asistir a unha sesión de comunicación e marketing que nos axudará a fiar o noso discurso diante dun grupo de visitantes e resultar entretidas durante algunha das visitas guiadas que proxectamos desenvolver no futuro.

Aínda non temos unha ruta definida nin escollemos os recursos e as... ler máis

Competencias clave: de cales dispoñemos e cales nos faltan?

Ás sesións de EMBARCA da zona de Arousa acudimos bateeiras, mariscadoras de a pé e de a flote, percebeiras e formadoras. Nestas xornadas estamos a definir cales serían as actividades que poderíamos ofrecer a visitantes e turistas para poñer en valor o noso traballo e os nosos saberes e como amosalos dun xeito didáctico e ameno.

Nestas primeiras sesións avanzamos na definición do perfil da clientela á que nos podemos dirixir, os recursos da ría que ás mulleres que traballamos no... ler máis