Embarca

Saberes e sabores en Muros

Baixo o lema Saberes e sabores as mulleres do mar do territorio do GALP Costa Sostible analizamos as competencias que precisaríamos para emprender unha actividade de transformación do produto do mar.

Cociñamos con Miguel Mosteiro

Todo un luxo compartir os fogóns co chef do restaurante Chicolino de Boiro! Pero o que máis nos prestou foi abrir e saborear as latas de conservas que fixemos hai poucas semanas no CIFP Coroso de Ribeira: berberechos ao natural e berberechos con fabas e alga kombu.


Desta volta o reto estaba en sabelas combinar con outros produtos do mar que aprendemos a limpar e a elaborar de distintas maneiras. Aproveitamos case todo das ameixas, os salmonetes e as xardas: a carne, as espiñas,... ler máis

Cociña tradicional e creativa con ameixas

Canto nos gusta viaxar! E máis se é para seguir aprendendo e para facelo, de novo, ao carón das mariscadoras do Golfo Ártabro. Hoxe tocoulles exercer de anfitrioas, en Pontedeume. Visitamos a Escola de Hostalería do IES Fragas do Eume, onde tivemos a oportunidade de ver como se traballa na cociña coa ameixa fina e coa babosa.


Grazas a Suso Rubido e a Juan Francisco Couce, profes da escola por nos ensinar a estimar o produto e a crear fóra do máis convencional.

As nosas primeiras conservas!

Hoxe regresamos ás aulas para gozar dunha clase práctica á que esperamos sacarlle moito proveito no futuro. Fixemos as nosas primeiras conservas: de berberechos ao natural e de fabas con berberechos e alga kombu.

Foi unha gozada compartir a experiencia coas mariscadoras do Golfo Ártabro Norte e seguir as explicacións das profesoras do CIFP Coroso de Ribeira, que nos aprenderon a tratar os bivalvos, a preparar os envases, enchelos, esterilizalos... Elaborar unha conserva tamén... ler máis

Visita a Conservas Sotavento

Temos moito interese en saber como facer para xestionar unha actividade deste tipo, os seus aspectos legais, de xestión, as necesidades formativas que se requiren, etcétera. Máis adiante desenvolveranse sesións prácticas con obradoiros de cociña e de transformación e conservación de produto, e gustaríanos aprender moitas cousas, pero tamén ensinar. Cremos que desde a nosa propia experiencia culinaria tamén poderemos achegar ideas e saberes. Por iso, nesta aprendizaxe, nada mellor... ler máis