Embarca

Saberes e sabores no Golfo Ártabro Norte

Como podemos promover iniciativas relacionadas coa transformación e comercialización dos recursos do mar na zona do Golfo Ártabro Norte?

Pensando en difundir o noso produto mariñeiro desde a innovación: o programa Mar d´aquí

Esta semana estivemos de novo na Casa do Pescador de Miño traballando en EMBARCA: Saberes e Sabores. Durante o desenvolvemento deste programa, ao longo dos meses, realizáronse diversas prácticas relativas ao tratamento e a transformación do produto mariñeiro. É o turno agora de pensar entre todas como dinamizar e divulgar a nosa materia prima, ao tempo que afondamos na innovación culinaria entre as mulleres do mar e o sector da hostalería e da restauración. Trátase de impulsar... ler máis

Como se crea unha receita?

Cada sesión de traballo é un paso adiante cara ao recoñecemento dos produtos mariños do noso contorno e a práctica de distintos xeitos de elaborar os peixes e mariscos que extraemos do mar.


Emprender no ámbito da transformación e a comercialización destes recursos obríganos a estudar, a explorar distintas vías de produción e a aproveitar a experiencia de quen máis sabe. Hoxe andamos este camiño ao carón do cociñeiro Francisco González, da Sociedade Cultural e... ler máis

Fina e babosa: aprendemos sobre a elaboración das ameixas

Estamos afeitas a sementalas e a apañalas nos bancos de cultivo, a seleccionalas, a etiquetalas e mandalas á lonxa para que poidan chegar ao mercado despois dun proceso de depuración obrigatorio.


Pero hoxe dedicámosnos sobre todo a coñecer a ameixa como recurso culinario. A ameixa fina e a babosa, dúas das variedades máis aprezadas nas nosas rías. Xunto ás mariscadoras de Muros e Noia asistimos a unha clase de cociña moi proveitosa no IES Fragas do Eume de Pontedeume.

ler máis

Preparamos berberechos, fabas e algas en conserva

Por primeira vez traballamos en equipo coas mariscadoras de Muros e Noia, que coma nós, buscan emprender en actividades complementarias relacionadas co mar e cos recursos mariños.


Este luns visitamos as instalacións do CIFP Coroso, en Ribeira, e aproveitamos os seus recursos técnicos e didácticos para encher e selar as nosas primeiras latas de conserva. Foi moi interesante seguir cada un dos pasos que esixe o proceso: coñecer ben o produto, saber como se comercializa... ler máis