Embarca

A ruta das mariscadoras na ría Vigo-A Guarda

Un grupo de mulleres do mar, na súa maioría mariscadoras, estamos a elaborar un mapa de recursos que se apoie na nosa memoria e vivencias, en como evolucionou o noso oficio e na súa historia máis recente.

Así seleccionamos a ameixa e o berberecho no medio da ría

Hoxe si! Subimos ao 'Arcade Dos' e desembarcamos no medio e medio da ría de Vigo para acceder aos bancos de marisqueo e explicar sobre o terreo como collemos a ameixa e o berberecho.

Aquí nos tedes ben ataviadas e con gañas de compartir todo o que somos e facemos como mulleres do mar. Nun contorno privilexiado, entre o Cunchido, Estrazo, Area Nova, o Puntal, as Alvedosas, a Illa de San Simón, a Ponte de Rande...

Estreamos Embarcade!

Non puidemos subir ao 'Arcade Dos' para achegarnos ás zonas de marisqueo no medio da ría pero damos por inaugurada a ruta de turimo mariñeiro das mariscadoras de Arcade cun percorrido que nos levou desde Confraría Virxe do Carme ata o posto de control onde clasificamos e etiquetamos a ameixa e o berberecho antes de que saia cara a lonxa.

Estreámonos como guías do noso propio oficio. Andamos o porto, baixamos á praia para dara coñecer os aparellos de traballo, repasamos o proceso... ler máis

Turismo mariñeiro por terra e mar

Xa estamos máis preto da estrea da ruta de turismo mariñeiro que deseñamos as mariscadoras de Arcade para dar a coñecer o noso oficio na Ría de Vigo. Somos as únicas do país que temos que embarcar para poder mariscar, así que argallamos unha visita por terra e mar que non poderedes gozar en ningún outro sitio. Hoxe tocou preparar o test desa ruta guiada: afinamos o percorrido, o relato, os recursos... Só nos falta acordar a data do primeiro ensaio!

Probando a ser xornalistas

Nunha das sesións de Embarca celebradas en Arcade aprendemos nocións básicas de comunicación e marketing. Neste vídeo a mariscadora e presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (ANMUPESCA) , Rita Míguez de la Iglesia, anímase a ler a noticia que fixemos tras escoitar a Diana Zúñiga explicarnos o que é o fitoplancton e cales son as condicións que necesita para darse ben na ría de Vigo.

O fitoplancton da Ría de Vigo

Entre Arcade e Vilaboa as mulleres do mar, mariscadoras en diferentes puntos da Ría de Vigo a maioría de nós, analizamos, partindo da nosas propias historias, anécdotas e saberes,  como amosar da mellor maneira o noso traballo cotián a visitantes e turistas.

Na última sesión tivemos a sorte de contar con Diana Zúñiga, científica no CSIC, que nos explicou a evolución da Ría de Vigo ao longo do do tempo, como era hai milleiros de anos, e tamén por que a nosa ría, coas súas... ler máis

Reconstruímos como é o oficio de mariscar

Comezamos gravándonos a nós mesmas, contando desde o noso propio punto de vista que é ser mariscadora, describindo como desenvolvemos o noso traballo diario e tamén contando anécdotas. Co relato de todas queremos construír ou reconstruír a ruta do noso oficio. Nas primeiras sesións de EMBARCA dividimos a recollida de datos en tres partes: -Especies. Que é o que mariscamos? -Profesión. En que consiste o noso oficio? -Anécdotas e historia. A nosa memoria.