Embarca

Embarca en turismo sostible na Costa da Morte

As redeiras de Corme de Malpica e as mariscadoras de Camariñas analizan a posibilidade de diversificar a sua actividade con alternativas de turismo mariñeiro

Un paseo polo oficio de redeira

En Malpica somos as redeiras as encargadas de levar á práctica unha experiencia de turismo mariñeiro que dea a coñecer o noso oficio e que poña en valor un traballo artesanal esencial para barcos de pesca e a vida mariñeira.

Así que aproveitamos a visita dun grupo de cen persoas de Caldas de Reis para ensaiar un percorrido guiado polo porto e a lonxa de Mapica, unha ruta que iniciamos na nave de redes e que nos permitiu amosarlles as distintas mallas e as artes que máis... ler máis

De turismo polo porto de Camariñas e o banco de Ariño

Hoxe tocounos a nós, ás mariscadoras e mariñeiras de Camariñas, contar como vivimos e traballamos o mar na Costa da Corte. Non era a primiera vez que nos poñiamos á fronte dun grupo para guialo pola paseo da vila, o peirao, a lonxa e os bancos de traballo, pero foi un pracer repetir a experiencia acompañadas das redeiras de Malpica.

Foron dúas horas de visita que nos permitiron ensaiar outras formas de narrar e de achegar o público á cultura mariñeira, á pesca, ao marisqueo,... ler máis

Un encontro ao redor do turismo mariñeiro

As redeiras, mariscadoras e mariñeiras da Costa da Morte unímonos ao primeiro encontro de Candieira ao redor do turismo mariñeiro, unha experiencia que nos serviu para poñerlles nome e cara a outras moitas mulleres que, coma nós, se dedican ao mar. Pero a cita tamén nos permitiu coñecer e aprender doutras formas de facer turismo mariñeiro na nosa costa.

Vistamos o Igafa, na Illa de Arousa, un centro de investigación centrado na acuicultura que nos mostrou a evolución dos... ler máis