Aliadas

A saúde das mulleres do mar

Analizamos cales son as principais doenzas que padecen as mulleres que traballan no sector do mar para poder dotarnos de mecanismos de prevención. Elaboramos unha guía de prevención e coidados.

A saúde e o benestar das mariscadoras, nas nosas mans

A chuvia tamén se quixo unir á festa de presentación da nosa guía de coidados así que nos tivemos que abrigar para poderlles contar aos medios de comunicación, a moitas compañeiras do sector pesqueiro da comarca e ás representates das institucións públicas que nos acompañaron as vantaxes dun panel da saúde no que queremos seguir traballando.


A 'Guía de coidados da saúde para o benestar das mariscadoras' é unha proposta das mulleres do mar da Ría de Pontevedra,... ler máis

Unha guía de coidados básicos para as mulleres do mar

Xa pasaron seis meses e temos case a punto a nosa 'Guía de coidados da saúde para o benestar das mariscadoras'.


Neste tempo acabamos de poñerlles nome aos problemas de saúde máis frecuentes entre as mulleres do mar e comezamos a deseñar unha guía de prevención con consellos, coidados e exercicios básicos que poidamos compartir e aplicar antes de saír ao mar, durante as horas de marisqueo e de volta á casa; útil e fácil de executar. A enfermeira e antropóloga Paz... ler máis

Un cartel de boas prácticas mariscadoras

En Raxó, no Centro Cultural Xaime Illa, continuamos a elaborar unha guía de prevención e consellos de coidado específica para as mariscadoras da zona do Galp Ría de Pontevedra (das confrarías de San Telmo de Pontevedra e de Raxó), coa axuda da enfermeira e antropóloga Paz Diéguez .

Cómo debemos alimentarnos, cómo protexernos do sol e do frío, qué exercicios de estiramento nos veñen ben, qué podemos facer para mellorar o noso estado físico e emocional. Atopamos varias guías que... ler máis

Identificando doenzas

Identificamos doenzas que padecemos as mulleres dedicadas a traballos pesqueiros, de cara a ter unha calidade de vida mellor. Lesións nas articulacións e na columna vertebral e doenzas reumáticas provocadas polas duras condicións meteorolóxiccas nas que traballamos, ou enfermidades derivadas polo levantamento de pesos son algúns dos padecementos que sufrimos as mulleres mariñeiras, mariscadoras ou redeiras.

Encantaríanos que esta análise servise para elaborar unha guía que se puidese... ler máis