Aliadas

Aliadas na Ría de Arousa: construíndo o noso mapa emocional

Facemos un mapa emocional das mulleres do noso territorio? Outra idea é traballar as boas prácticas para o coidado do medio ambiente, desde a propia xente do mar. O caso é estar ALIADAS!

Materiais para seguir coa memoria colectiva feminina

No noso afán de reconstruír a memoria colectiva das mulleres do mar no noso territorio, dentro do programa Aliadas de Candieira, levamos á última sesión celebrada en Vilagarcía de Arousa fotografías, libros con fotos antigas, letras de cancións mariñeiras, material turístico... E fomos poñendo en común experiencias, lembranzas e inquietudes. Concha compartiu a súa biografía como percebeira. Ela é unha das poucas que traballan apañando na zona (son seis ou sete).... ler máis

Identificando as mulleres e os lugares da nosa memoria

Atopámonos de novo mulleres do mar do GALP Ría de Arousa, chegadas de Cabo de Cruz, Vilanova de Arousa, Carril, O Grove... na primeira xornada do programa ALIADAS 

Poñémonos a traballar na identificación das mulleres da nosa memoria, relacionadas co mar, e tamén na identificación de espazos aos que a vida mariñeira está ligada, e de como estes foron mudando. Tratamos de lembrar anécdotas, lendas, historias e fitos que conforman o noso imaxinario colectivo.

Sobre un... ler máis