Aliadas

Aliadas no Golfo Ártabro Norte: mapa emocional

Dinámica de mapeo colectivo. Facemos o mapa emocional das mulleres do mar do territorio do Golfo Ártabro Norte.

Despedida de Candieira

Hoxe despedímonos das sesións de Aliadas de Candieira. Quixemos dicir cada unha de nós unha palabra que resumise o que nos achegou este proxecto. Algunhas coincidimos!

Tamén felicitamos á nosa presidenta, María Jose, que está hoxe de cumpre. Como sabemos que axiña se xubila, desexámoslle que disfrute da vida e que teña todo o cariño que merece.

Fortalecendo os lazos das mulleres do mar do Golfo Ártabro Norte

Hoxe traballamos nunha dinámica de "mapeo colectivo", comezamos a facer o noso propio mapa das mulleres do mar do Golfo Ártabro Norte. Facendo un exercicio de memoria colectiva, pero tamén persoal e familiar formos identificando as mulleres da nosa memoria, as mulleres do mar que recordamos, líderes, referentes, precursoras...


Identificamos espazos aos que a vida mariñeira está ligada, como foron mudando, que significado tiñan... E tamén contamos e escribimos anécdotas,... ler máis