Aliadas

Aliadas no GALP Ría de Vigo-A Guarda

Nas sesións de Aliadas organizadas polo GALP Ría de Vigo-A Guarda abórdase a busca dun espazo transversal participado por axentes diversos que teñen en común o medio mariño.

Á procura dun encontro con científicos do mar

Seguimos empeñadas en avanzar na transferencia de coñecementos entre as profesionais do mar, técnicos e investigadores de colectivos locais que velan a diario polo benestar do medio mariño.

Desta volta aproveitamos unha cita do programa EMBARCA en Arcade para avanzar no deseño dunha actividade de lanzamento que favoreza a creación dese espazo transversal onde se teñan en conta todas as voces: a celebración dunha xornada conxunta entre mariscadoras, representantes da comunidade... ler máis

Primeiros pasos cara a un novo espazo de intercambio e coñecemento

Todas aprendemos e todas ensinamos. Así que non esquecemos a idea de estrear canto antes ese espazo común participado por axentes de diferentes áreas relacionadas co medio mariño no que as mulleres do sector extractivo tamén sexamos protagonistas.

Co ánimo de inaugurar o debate o máis axiña posible, aproveitamos a visita ao Ecimat, un dos centros de investigación de referencia do país, para reunirmos cunha representación da comunidade científica galega máis apegada ao... ler máis

Unha diagnose colectiva para a transferencia de coñecementos

Traballamos no deseño dun espazo común onde concorrerían catro temáticas centrais: a bioloxía, a climatoloxía, a comercialización e xestión dos recursos marítimo pesqueiros e a participación e mellora na xestión dos órganos de decisión.

Partindo dunha diagnose colectiva que tivese en conta as voces dos diferentes axentes, incluída a xente que traballa no sector extractivo e pesqueiro, poderíase empezar a traballar nun proxecto piloto onde se dese a transferencia de... ler máis