Aliadas

Aliadas na Costa Sostible: impulso ao asociacionismo

Queremos impulsar a Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros-Noia.

Ti es necesaria!

Ti es necesaria!

Queremos medrar, ser máis e máis fortes á hora de afrontar os desafíos que temos como mariscadoras, percebeiras, armadoras, redeiras, mariñeiras e emprendedoras.Por iso as mariscadoras de Muros e Noia visitamos as mariscadoras e mariñeiras de Corcubión e Fisterra, para saber dos seus intereses e preocupacións, e animalas a integrarse na Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia.


Buscamos o xeito de crear novas sinerxías, de alimentar este novo... ler máis

Sesión de comunicación e asociacionismo

Moi pronto, as mariscadoras de Muros e Noia imos visitar as mariñeiras e mariscadoras de Fisterra e Corcubión, para escoitalas e animalas a que unan á nosa asociación de mulleres. De momento, xuntámonos para preparar ese encontro. Repasamos nocións básicas de comunicación, dinámicas de grupo e os argumentos fundacionais da nosa entidade, que puxemos por escrito nun folleto chulísimo!


Hai dous anos que puxemos en marcha a Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro Seo de... ler máis