Aliadas

Formación e impulso ao asociacionismo. Igualdade, xestión de reunións, relacións en rede e cooperación, habilidades de comunicación persoal, dinámicas de participación e desenvolvemento e financiamento de proxectos.

Embarca

Acompañamento a mulleres do mar ou emprendedoras que queiran poñer en marcha unha iniciativa de turismo mariñeiro. Probaremos e testaremos os produtos ou servizos, estudaremos a forma de comumicalos ou o seu marco xurídico, entre outros contidos.