O proxecto de cooperación Candieira, participado por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, senta o precedente necesario para unha futura alianza entre as mulleres do sector pesqueiro. No acto final deste sábado participará a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e serán as protagonistas de Candieira as que falen dos resultados desta Rede de apoio e promoción das mulleres do mar de Galicia.
No acto participarán a conselleira do Mar, Rosa Quintana; a directoral xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez; o presidente do GALP coordinador (Ría de Pontevedra), José Gómez Castro, e a xerente do mesmo, Laura Nieto. Tamén estarán presentes os axentes promotores do proxecto, as presidencias e as xerencias dos Grupos de Acción Local Pesqueira que forman parte del e as representantes das entidades e empresas colaboradoras.